Vasmo dicir,
A colma que reventa
Á enxerta do tempo,
Máis lonxe da casualidade,
Entre as nosas facianas, si.
Se non fecharei a porta,
Tamén os oídos
Á vouga rachada
Que din por ala,
Sempre sen lembrar o noso,
Sempre a cádralla guindada do roubo.
E é que entendín as palabras,
Pero perdín o norte,
Por eso vasmo dicir
De novo como antes,
Pois ansío a túa verdade
E non o noxo dos que te rodean.
Compasado no alento
Oio o latexo vagariño do teu corazón,
Corda lene do defunto
Que se matou e veu,
Despois do meu.
Son eu aquel defunto
Ou es ti,
Quizais ámbolos dous
Máis ala da lembranza,
Sen min.
Necesito a banda do reino,
O berro afondado na lama
Pola barafulla da túa lingua,
Eco da separación,
Alén de min.
Por iso vasmo dicir,
Pois, aínda que non estes aquí,
Lánzome por ti;
Quedan fora as arpellas
Que fondean o que son aquí,
Entre o barullo e as esixencias, por vivir.
Soubo o arrecendo sen química
Que a compaña é azouril,
Máis cando a noite chega
Busco e non atopo.
¿Por que tivo que ser así?
¿Por que entón este xogo?
Agora no meu interior, a nada
E unha anguria que rebenta
Esfarapallada polo que vin.
Así que valo ter que dicir,
Dígocho eu,
Aínda que perda e non caias para min.
oooooo
Hace 17 años